capas
As capas son como follas transparentes ou capas de cebola que se superpoñen e forman a imaxe no seu conxunto.
É posible ter tantas capas dentro dunha imaxe como precisemos.Cada capa pódese traballar de forma independente, mover, cortar, modificar...
As capas permítennos modificar partes da imaxe sen destruir o orixinal; facer transparentes algunhas zonas da imaxe ou combinar os píxeles dunha capa coa inferior e obter unha imaxe diferente
Interactúan unhas con outras dependendo do:
capas da imaxe imaxe final
combinar imaxes engadir capas
Modo: Determina como se combina a capa coas que están en niveis inferiores. modos de capa
Opacidade: O deslizador permite determinar o grao de transparencia.
Visibilidade: Se o ollo é visible a capa será visible. Pulsando a tecla maiúsculas e o ollo dunha capa farase visible esa capa ou tódalas capas.
(unha capa oculta NON está borrada)
capas da imaxe imaxe final
combinar imaxes engadir capas
Na parte inferior temos os botóns:
1: engadir unha nova capa
2: crear un grupo de capas novo
2: subir a capa seleccionada un nivel máis enriba dentro das capas
3: baixar a capa seleccionada máis abaixo dentro das capas
4: crear un duplicado da capa
5: combinar coa primeira capa visibel
6: engadir unha máscara que permita a edición non destrutiva da transparencia
6: eliminar a capa seleccionada
Pulsando co botón dereito do rato sobre unha capa tamén aparece o menú de capas
Exercicio Exemplo
1.- creamos unha nova imaxe fondo
2.- engadimos unha capa "rectángulo"
3.- engadimos unha capa "círculo"
se pulsamos na cadea (á dereita do ollo), as capas encadeadas moveranse xuntas
Tamén é posible modificar a opacidade
Comentarios
Publicar un comentario