Bordos, luces e sombras

1.- abrimos a imaxe

2.- duplicamos capa

3.- seleccionamos a capa duplicada, pulsamos co botón dereito do rato e escollemos "engadir máscara de capa" (negro transparencia completa)

3.- escollemos unha ferramenta de selección (por exemplo, o lazo) e seleccionamos o contorno desexado.

4.- escollemos "seleccionar" \ "difuminar" e "difuminar selección en 32 px"


5.- seleccionamos a capa da esquerda da máscara de capa


6.- escollemos "editar" \ "copiar"

7.- abrimos a imaxe de destino e "editar" \ "pegar" \ "como nova capa"

8.- gardamos a imaxe


outra maneira de engadir bordos sería:


1.- abrimos a imaxe e seleccionamos só a silueta, descartando o fondo

2.- creamos unha nova capa transparente e situámola debaixo da capa da imaxe


3.- seleccionamos a capa da imaxe, pulsamos o botón dereito e escollemos "Alfa a selección"

4.- imos a "Seleccionar" \ "agrandar" e agrandamos a selección cun valor de 10 pixeles

5.- seleccionamos a capa transparente inferior e coa ferramenta de recheo pintamos de negro
      (se queremos destacar a imaxe, é posible escoller a cor branca ou outra cor distinta da negra)

      Tamén é posible disminuir a intensidade da sombra baixando a opacidade nesta capa transparente.


6.-  imos a "Seleccionar" \ "ningún"

7.-  imos a "Filtros" \ "Difuminar" \ "desenfoque gaussiano" e establecemos un valor de 35

8.- gardamos a imaxe



outra posibilidade é no punto 4, en vez de agrandar escoller a seguinte opción:

4.- imos a "Seleccionar" \ "borde" con selección de borde de 20 pixeles e seleccionando tamén a opción "Difuminar os bordos"

Os seguintes pasos serían os mesmos que no apartado anterior.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

engadir logo a imaxe

Fontes

Imaxes