capas
As capas son como follas transparentes ou capas de cebola que se superpoñen e forman a imaxe no seu conxunto. É posible ter tantas capas dentro dunha imaxe como precisemos. Cada capa pódese traballar de forma independente, mover, cortar, modificar... As capas permítennos modificar partes da imaxe sen destruir o orixinal; facer transparentes algunhas zonas da imaxe ou combinar os píxeles dunha capa coa inferior e obter unha imaxe diferente Interactúan unhas con outras dependendo do: Modo: Determina como se combina a capa coas que están en niveis inferiores. modos de capa imaxe1 imaxe2 Opacidade : O deslizador permite determinar o grao de transparencia. Visibilidade : Se o ollo é visible a capa será visible. Pulsando a tecla maiúsculas e o ollo dunha capa farase visible esa capa ou tódalas capas. (unha capa oculta NON está borrada) ...