Fontes


As fontes de letra son o xeito de debuxar as letras para que nos sexan máis  cómodas e fáciles de ler nun texto dixital ou impreso, co fin de que o texto sexa máis lexible e visualmente atractivo.

Temos posibilidade de cambiar a súa cor, o espazo entre letras, o seu grosor, a súa inclinación,  o seu tamaño e o seu tipo de letra.






Para poder utilizar a fonte en Windows só temos que facer click co botón dereito do rato no arquivo previamente descargado e escoller a opción "Instalar" do menú contextual. 

Tamén é posible facelo utilizando a ferramenta Fontes dende o buscador e escoller Arquivo\Instalar Nova Fonte

En Windows XP teríamos que mover manualmente dito arquivo da tipografía ao cartafol Windows\Fonts

En Linux temos que mover o archivo da tipografía ao cartafol oculto .fonts que se atopa dentro do cartafol /home

En Linux, no cartafol persoal temos un cartafol oculto .gimp-2.x e dentro del outro chamado fonts onde podemos copiar as fontes que desexemos utilizar.

En Linux tamén é posible seleccionar a fonte desexada e instalala dende a aplicación Tipografías




En OS X é posible abrir a fonte facendo doble click nela, para que a aplicación Catálogo Tipográfico (atópase en Aplicacións\Utilidades) amose unha previsualización. Ao facer click no botón Instalar tipo de letra engadirase ao sistema. 





Páxinas para descargar tipografías

      Abstract Fonts          Behance          All Free Donwload          Free Fonts

DaFont      dribbble                     Fond Font     Font Reactor     Font River    

Font Squirrel        Font Zone            Google Fonts     Letramanía    The Font Pool    urbanfonts 

demo scene bitmap fonts           

fontes gratis e de pago

1001 Free Fonts                      Adobe Edge Web Fonts      Creative Fabrica  

   Font Fabric         Font Space

LiebeHeide - escritura con bolígrafo          letras 3D     

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Imaxes

Colorear

engadir logo a imaxe