cambiar a cor de pelo

1.- abrir a imaxe.        exemplo1            exemplo2             exemplo3

2.- duplicamos a capa e renomeámola como "cor de pelo"

3.- escollemos a "ferramenta tesoiras"  e seleccionamos o pelo.

4.- na xanela "opcións de ferramentas" seleccionamos "difuminar bordos"


5.- seleccionamos "cores" \ "colorar" e modificando os niveis da seguinte xanela escollemos a cor desexada (por exemplo unha cor escura)

6.- gardamos a imaxe


outra maneira de facelo sería:

1.- abrir a imaxe.        exemplo1     exemplo2         exemplo3

2.- crear nova capa ( tipo de enchemento da capa: transparencia)



3.- selecciona esta nova capa e cunha ferramenta de selección (ferramenta de selección libre, máscara rápida)  selecciona o pelo.


4.- activa a ferramenta "Pincel" e escolle unha cor de primeiro plano


5.- pinta sobre a zona seleccionada cunha opacidade do 100%


6.- pon a capa en "modo cor"

7.- escolle SeleccionarNingún



8.- garda a imaxe

Comentarios

Publicacións populares deste blog

engadir logo a imaxe

Imaxes