crear logotipo mediante filtros

1.- seleccionamos a ferramenta "Texto" e tecleamos o texto desexado


2.- seleccionamos "Filtros" \ "Alfa a Logo" \ "Contorno 3D"

(Na versión 2.10 eliminaron éstes filtros) 
Por tanto, se o queremos seguir utilizando, temos que descargar o arquivo gimp-data-extras-2.0.4.tar.bz2 ou tamén en extras e descomprimilo, por exemplo con 7-Zip e descomprimir tamén o arquivo .tar que contén.

Co GIMP pechado, unha vez descomprimido dito arquivo, copiamos o contido do cartafol "Scripts" no cartafol (se utilizamos Windows) "Arquivos de Programa" / "GIMP 2" / Share / GIMP / 2.0 / "Scripts" e aquí creamos un subcartafol "Alfa a Logo" e copiar aquí dito contido.

Así será posible de novo o uso dos filtros "Alfa a Logo"





3.- confirmamos as opcións propostas pulsando o botón "Aceptar"

sería posible escoller outros patróns ou axustar os radios de desenfoque para modificar o aspecto final do logotipo

Coas opcións por defecto o resultado final será o seguinte:


4.- gardamos a imaxe


Comentarios

Publicacións populares deste blog

engadir logo a imaxe

Imaxes